Amblimation | |
---|---|
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Amblimation foi unha produtora de animación británica, subsidiaria de Amblin Entertainment.[1][2] Foi creada por Steven Spielberg en maio de 1989, logo do éxito de Quen enganou a Roger Rabbit? (1988), e despois de rachar a relación de traballo con Don Bluth por mor de diferenzas creativas. Tiña a súa sede no que orixinalmente foi a fábrica D. Napier & Son en Acton, Londres, e tiña un equipo de 250 de membros de 15 nacións diferentes.[3] Só produciu tres longametraxes: An American Tail: Fievel Goes West (1991), We're Back! A Dinosaur's Story (1993) e Balto (1995), todos os cales foron compostos por James Horner e distribuídos por Universal Pictures. A mascota da compañía, Fievel Mousekewitz, aparece no logo da produtora. O estudio pechou logo de só 8 anos de actividade e converteuse nun local de almacenaxe chamado Access Self-Storage. Os 250 membros do equipo de Amblimation uníronse a DreamWorks Animation,[4] que logo foi adquirida en 2016 pola empresa matriz de Universal NBCUniversal por 3,8 mil millóns.[5]